RECREAENCARTÓN E OLGA OSORIO VISITAN A AULA DE DOBRAXE

 Obradoiro para a Elaboración dun Guión de Creación Literaria

Para este Obradoiro , enmarcado no proxecto "Os Contos e as Letras Galegas" na aula de 6º EI, aproveitamos a temática deste curso (O Cine); así, xurde a idea de buscar un final á  curtametraxe que serve de motivación.

Temos elixida a técnica audiovisual que empregaremos: croma. A mesma da motivación. Temos os escenarios, realizados con RECrea en cartón (iniciativa de integración sociolaboral). Temos as actrices e os actores…

Como facer o guión...?

Mirando as novas do xornal, un titular chamou a nosa atención: «Reescribín o guión para que a protagonista fora unha muller»

A cineasta OLGA OSORIO (Profesora de Dirección de Fotografía na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC e de Procesos e Medios de Comunicación no IES Imaxe e Son, realizadora, fotógrafa, guionista...).

Poderá axudarnos?  SIIII, e este é o resultado.

VÉMONOS NA ESTREA!

QUEDADES CONVIDADAS E CONVIDADOS