Saídas de secundaria

1º e 2º de ESO – Cantabria - 3º e 4º de ESO – Val do Jerte

Como ben sendo habitual nos últimos cursos, o plan de saídas da etapa de Secundaria adopta a fórmula dunha viaxe de varios días de duración, unha semana completa, co obxectivo de poder realizar una programación de actividades mais enriquecedora e motivadora de cara ao alumnado.

Esta estrutura permite dar cabida non só aos obxectivos didácticos das materias, senón tamén a obxectivos de convivencia dos grupos. En canto ao destino, búscanse lugares afastados do contorno do Colexio e da área de influencia do alumnado.

Para o curso actual escolléronse a comunidade de Cantabria e o Val do Jerte pola profusión de recursos didácticos que alberga, tanto en riqueza natural, como etnográfica ou historicamente.

Os grupos irán acompañados por persoal docente da etapa e estarán instalados en albergues especializados en grupos escolares con todos os servizos necesarios e que ofrecen un inmellorable punto de partida para todas as nosas visitas.

http://www.Albergueelportalon.com - http://www.alberjerte.com

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:

  • Visita guiada ao Parque Nacional de Monfragüe:
    • Centro de Interpretación do Parque (Villarreal de San Carlos).
    • Observación de aves e vexetación mediterránea.
  • Descubrimos os Picos de Europa.
    • Interpretación do medio natural e social dos Picos de Europa.
  • Actividades deportivas:
    • Piragüismo no río Jerte.
    • Descenso en canoa polo río Cares-Deva.
    • Rutas de senderismo:
      • Visitamos a Reserva Natural de Garganta dos Infernos. Camiño pola beira fluvial, xeomofoloxía e vexetación.
      • Subida no teleférico de Fuente De ata o Mirador do Balcón;
    • Ráppel e tirolina.
  • Actividades culturais:
    • Visita ao “Parque de la vida” (Luarca)
    • Mosteiro de Santo Toribio de Liébana e Vila de Potes.
    • Santander e Santillana del Mar.
      • Visita á Neocova
      • Museo interactivo de Altamira.
    • Visita guiada á cova de El Soplao
      • Recreación do tren mineiro, arqueoloxía industrial.
      • Percorrido a pé polas galerías acompañados de guías.
    • Visita á Vila de Plasencia:
      • Muralla e acueduto
      • Mirador de Sorolla, cemiterio xudeu…
    • Val do Jerte
      • Explotación local de cerdeira.
    • Cabezuela del Valle
    • Salamanca e Zamora
  • Xogos de descubrimento (grafitis e heráldica) e veladas lúdicas nocturnas.

 

Saídas Eso cursos anteriores :