Traxectoria

Andaina é unha cooperativa de ensino que nace en A Coruña no ano 1987. Formada inicialmente por mestras de educación infantil que buscan liderar un proxecto educativo de calidade no tramo de 0 a 6 anos, mediante a xestión dunha Escola Infantil Municipal do concello de A Coruña.

Co paso do tempo, e cun  proxecto consolidado e de recoñecido prestixio na cidade nas idades temperás, xorde a necesidade de trasladar o modelo pedagóxico ás seguintes etapas educativas, dando continuidade así ao traballo iniciado coa alumnado nos primeiros anos da súa vida e acompañándoos ao longo da escolaridade ata o final do ensino obrigatorio.

O interese das familias que nese momento formaban parte da comunidade educativa de Andaina, a implicación do colectivo de profesionais e o apoio de distintas entidades locais, fixo posible que no ano 2000, se ampliara a actividade coa construción dun centro de Educación Infantil, Primaria e Secundaria no concello de Culleredo.

Dende entón a Cooperativa Andaina foi diversificando e ampliando as súas actividades, aumentando o número de socios/as e traballadores que forman parte deste equipo e, sobre todo, liderando un proxecto educativo comprometido co alumnado, as familias e a sociedade.

Na actualidade, o centro educativo Andaina está en proceso de implantación progresiva da segunda liña concertada de infantil a secundaria, que se consolidará nos próximos tres cursos escolar dispoñendo de 2 aulas por nivel en todos os niveis educativos.